Xa vos podedes inscribir para acompañarnos un ano máis, na VI Xornada Micolóxica que levaremos a cabo o 3 de novembro de 10:00 a 17:00 no Concello do Pereiro de Aguiar.
Comezaremos a xornada no albergue de Ordelles, cunha charla formativa sobre os cogomelos, para a continuación saír ao monte a aprender a identificar os cogomelos in situ e recollelos.
Xantaremos polo camiño para desfrutar do outono cun bo petisco.
Comentarios recentes