divulgación sensibilización educación ambiental

CAMPAMENTO Descubre a costa connosco! en PORTO DO SON

"Descubre a costa connosco" agarda por ti este verán nunhas instalacións ao pé do MAR para darlle a oportunidade ás nenas e nenos de pasar 6 días con actividades lúdicas e educativas nun contexto tan fermoso como a praia de Aguieira en Porto do Son.

Campamento Explora Ourense, Muíños

Outro ano máis, o Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés.

2ª edición do Curso de Formación Teórico-Tráctico en Agricultura Ecolóxica

Dende Sustinea queremos presentarvos unha nova edición do Curso de Formación Teórico-Práctico en Agricultura Ecolóxica con duración de 20 horas, que levaremos a cabo na Asociación de veciños e veciñas A Carlasca e na Horta Ecolóxica da Alfádega na Carballeira, do 16 ata o 20 de abril, de luns a venres en horario de tarde.

O curso será impartido pola nosa compañeira, labrega e especialista en Horticultura e Agricultura Ecolóxica - Raquel Cid.

Subscribirse a RSS - divulgación sensibilización educación ambiental