consumo consciente

Chega a SUSTIMALETA para facer deste Nadal un NADAL RESPONSABLE

Chega a SUSTIMALETA para facer deste Nadal un NADAL RESPONSABLE.
 
Chega o Nadal e con el o consumo descontrolado de roupa e complementos. Estamos afeitas/os atopar facilmente unha gran variedade de roupa a moi baixo prezo. Pero non sabemos nada de como se confeccionou esa peza. A confección da roupa convencional pasa pola deslocalización, condicións de traballo miserables e contaminación ambiental.
 
Por iso para este Nadal queremos propoñerche unha alternativa, a SUSTIMALETA :)!
 

Charla no IES Universidade Laboral sobre o proxecto "Movilízate pola selva".

Buzón para recollida de móbiles en desuso.

A petición dunha profesora comprometida, onte estivemos no Instituto de Secundaria “Universidade Laboral” en Ourense, nunha actividade cuns corenta alumnos de bacharelato para informarlles da problemática que ten a extracción do mineral que se emprega nos aparellos electrónicos (teléfonos móbiles, ordenadores e consolas) e de que podemos facer nós para minimizar este impacto. Unha vez máis, contamos coa valiosa colaboración de Susana R. Fariña, primatóloga ourensá.

Subscribirse a RSS - consumo consciente