Voluntariado para a rexeneración de montes queimados

Tes plan para a ponte de decembro? Dende Sustinea propoñémosche un de gran valor.

Os próximos 9 e 10 de decembro estaremos traballando na rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Puxedo (Lobios), en colaboración co colectivo Xóvenes do Xurés e os/as veciños/as dos pobos da contorna.

Por iso precisamos da túa colaboración, para que te unas a nós nestes días, para levar a cabo actuacións de recuperación orientadas á retención do solo fronte a erosión que pode sufrir debido ás chuvias destes vindeiros meses.

As accións que levaremos a cabo consistirán na construción de barreiras a partir de restos vexetais en franxas perpendiculares á pendente nas zonas preto das correntes de auga. Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, buscamos a sensibilización e a mobilización social que evite o risco de incendios forestais futuros.

Se queres colaborar ponte en contacto connosco a través do 988 782 964 ou no voluntariado@sustinea.org.

O aloxamento e a manutención están incluídas. Daremos saída o sábado ás 9:00 da maña da Estación de bus de Ourense e regresaremos o domingo ás 16:00.

Agardámoste!

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.