
Xa está aberto o prazo de inscrición para o Voluntariado Ambiental no Parque Natural do Xurés que levamos a cabo en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e Concello de Muíños.
O programa desenvolverase en quendas de 5 días de luns a venres, e está concibido como un campo de traballo no que participaran grupos de 6 persoas voluntarias.
Tende en conta que este programa é diferente ao que abrimos para Salgueiro en fins de semana.
Agardamos a vosa inscrición.
Máis información pinchando aquí
Engadir un novo comentario