
Xa vos podedes inscribir para acompañarnos un ano máis, na VI Xornada Micolóxica que levaremos a cabo o 3 de novembro de 10:00 a 17:00 no Concello do Pereiro de Aguiar.
Comezaremos a xornada no albergue de Ordelles, cunha charla formativa sobre os cogomelos, para a continuación saír ao monte a aprender a identificar os cogomelos in situ e recollelos.
Xantaremos polo camiño para desfrutar do outono cun bo petisco.
E xa pola tarde, faremos a nosa tradicional exposición e identificación dos cogomelos recollidos durante a xornada.
Para facer as inscricións podedes enviar un email a cultura@concellopereiro.com
Agardámosvos para desfrutar do noso monte e da boa compaña !
Engadir un novo comentario