Que facemos?

Conservamos a natureza
A nosa preocupación polo medio natural máis achegado e a súa defensa para integralo nos proxectos de futuro é un estímulo constante no noso traballo.
Elaboramos informes e prestamos apoio ás diferentes administracións coa finalidade de establecer solucións ambientais aos proxectos emprendidos por estas.

Divulgamos e sensibilizamos
Poder explicar as diversas realidades ambientais, as súas causas e efectos de forma sinxela e amena para os diferentes públicos, é un reto fascinante co que camiñamos da man.
Organizamos campañas de sensibilización, proxectos educativos, material didáctico e divulgativo e campamentos ambientais.

Deseñamos proxectos de desenvolvemento local
Pensamos global e actuamos localmente para axudar a emprender camiños construidos polo progreso e o respecto polo entorno.
Elaboramos e implementamos iniciativas locais coa finalidade de sentar as bases para un futuro sostible.

 

Xa comezamos...

Dende o mes de outubro de 2011, Sustinea xestiona o Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira, situado en Lamas (Leiro) en pleno Monumento Natural de Pena Corneira, que oferta os seus recursos e actividades ao conxunto da cidadanía, coa finalidade de contribuír a un maior coñecemento e comprensión do medio e á utilización sostible dos recursos naturais. Para iso realizamos unha programación anual de actividades de carácter medioambiental para desenvolver no espazo natural (xornadas de natureza, formación, seminarios, xornadas, campañas de sensibilización, actividades lúdicas, campamentos e campos de traballo, accións para a conservación e defensa do Medioambiente e o fomento da cultura local, etc). Co desenvolvemento de dita programación anual, pretendemos dinamizar aspectos de educación e sensibilización ambiental, promoción do voluntariado e coñecemento do medio local. Estas actividades van dirixidas a todos os públicos, dende o xuvenil ou infantil ata adultos e outros colectivos.