Onde estamos?

Sede de Sustinea

info@sustinea.org
Avenida das Caldas, nº 8 entrechán dereito.
32001 Ourense
Teléfono: (+34) 988 782 964

 
Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira

Dende o mes de outubro de 2011, Sustinea xestiona o Espazo de Participación Ambiental Pena Corneira, situado en Lamas (Leiro) en pleno Monumento Natural de Pena Corneira, que oferta os seus recursos e actividades ao conxunto da cidadanía, coa finalidade de contribuír a un maior coñecemento e comprensión do medio, á utilización sostible dos recursos naturais e á dinamización do rural.

Pena Corneira foi declarada o 20 de decembro do 2007, Monumento Natural, o sétimo espazo natural desta categoría en Galicia, e o maior deles con case 1.000 ha.

O máis destacado son os seus afloramentos graníticos orixinados hai uns 300 millóns de anos. Como consecuencia, todo o espazo é un gran territorio enchido de grandes rochas. A máis destacada delas é a que marca o límite do espazo no seu extremo nororiental, a Pena Corneira ou o "menhir" do Ribeiro. É un bloque de granito con forma de "corno" que deu orixe á lenda de que existe ao seu pé un cofre cheo de moedas de ouro. Deste modo, Pena Corneira constitúe o referente visual dende case calquera punto do val do Avia, na bisbarra vitivinícola do Ribeiro.

Acompáñano, ademais, moitas outras rochas de curiosa feitura ou combinación. Entre elas predominan os birlos de formas redondeadas, amontoadas, corredores entre paredes pétreas e outras formas erosivas. Todo isto nunha paisaxe de media montaña que conserva ademais a súa cuberta vexetal autóctona en moitas partes.

info@sustinea.org
Lamas s/n.
Leiro (Ourense)