Nova edición de Galeuropa

A Galeuropa é un Programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países Europeos e que ten como obxectivo principal reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da nosa mocidade Galega.
OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

  • Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade
  • Complementar a competencia profesional e persoal
  • Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos
  • Fomentar a autonomía persoal

ONDE PODO REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS:

  • Potugal (Lisboa)
  • Malta (La Valletta)
  • Irlanda (Cork)

 DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS: 3 meses dende finais de agosto ata finais de novembro (tódalas mobilidades ten que estar rematadas antes do 30 de novembro).
QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?:

  • aloxamento,
  • manutención,
  • apoio lingüístico,
  • transporte local no país de destino,
  • transfer dende e ata o aeroporto

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?:

  • Mozxs entre 18 e 30 anos.
  • A mocidade Galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación
  • Inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia
  • Que NON participara no programa Galeuropa en anos anteriores

Para coñecer máis acerca do programa e facer unha preinscrición con Sustinea, soamente tés que cubrir o seguinte formulario online:
https://forms.gle/XQ8zR7vGUrKnMXoW8
Para máis información:

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.