II Curso Agricultura Ecolóxica

Rematamos unha nova edición do Curso en Agricultura Ecolóxica dentro do noso proxecto Escola da Sostibilidade. Nesta formación mostramos os métodos de cultivo que existen, asociacións e rotacións de cultivos, abonos naturais, tratamentos de pragas e fortalecemento das hortalizas e plantas mediciñais e aromáticas.
A parte práctica fixémola na Horta da Alfádega, onde as participantes puideron levar a cabo todo o aprendido de forma diaria. Dende a construción dos bancais, o cultivo, o acolchado, refuxios de insectos, combinacións de flores polinizadoras na horta, etc.
E si sumamos o aprendido ao ambiente xerado polas persoas que asistiron ao curso, podemos decir que comezamos co bo pe a tempada ecoagrícola primaveril.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.