GALEUROPA 2018 - PREINSCRICIÓNS CON SUSTINEA

O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo
Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas
formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países Europeos e que ten como
obxectivo principal reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da nosa mocidade Galega.

OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

  • Incrementar as posibilidades de inserción laboral para a mocidade.
  • Complementar a competencia profesional e persoal.
  • Adquirir competencias en idiomas estranxeiros e reducir os obstáculos lingüísticos.
  • Fomentar a autonomía persoal.

ONDE PODO REALIZAR ESTAS PRÁCTICAS:

  • Potugal (Lisboa).
  • Malta (La Valletta).
  • Irlanda (Cork).

 DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS: 3 meses dende finais de agosto ata finais de novembro (tódalas mobilidades ten que estar rematadas antes do 30 de novembro).

QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?:

  • aloxamento,
  • manutención,
  • apoio lingüístico,
  • transporte local no país de destino
  • transfer dende e ata o aeroporto.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?:

  • Mozxs entre 18 e 30 anos.
  • A mocidade Galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación.
  • Inscrita    no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia.
  • Que NON participara no programa Galeuropa en anos anteriores.

Para coñecer máis acerca do programa e facer unha preinscrición con Sustinea, soamente tés que
cubrir o seguinte formulario online.

 
Para máis información:

 

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.