Encantadas coa 2ª Noada!

Contentas de ver como cada mes as Noadas van crecendo. Onte un grupo de 8 mulleres estivemos traballando polo cambio. Polo noso cambio que ten que vir dende adentro. Por iso como cada mes, traballamos en conxunto, por y para todas.

Na Noada de onte traballamos sobre o noso ciclo menstrual, vendo como na nosa sociedade actual inculcáronnos que a regra, o ciclo  menstrual, é “un rollo”, ou son “eses días” nos que todo é máis gris. En culturas antigas a capacidade cíclica da muller usábase como arma para estar máis conectada co poboado e coa natureza. Por iso coa axuda de Erika Falcón, soubemos traducir as nosas 4 fases do ciclo  menstrual completo ( menstruación/ días despois da  menstruación/ semana de  ovulación/ e semana  premenstrual) en palabras de hoxe en día, para que utilicemos cada fase do noso ciclo da maneira máis práctica posible, e porque non decilo doutro xeito, da maneira máis acorde ao noso ser.

Vimos como cada mes temos a posibilidade de reconciliarnos coas nosas 4 facetas e usar cada enerxía en prol aos nosos proxectos (de vida ou de emprendemento): coa sabia interior durante o sangrado, coa forza e aptitudes físicas durante a fase de Doncela, coa muller  empática maternal durante a fase de  Gaia, e coa muller altamente creativa durante a fase  premenstrual.

A través destas dúas primeiras Noadas, estamos traballando para entendernos e perdoarnos por non estar suficientemente activa nas fases en que estamos baixiñas de enerxía, como ao final da Feiticeira e a fase de Sabia. Outra tarefa que nos puxemos é utilizar as enerxías irrefreables da Feiticeira para, en lugar de usalas para o enfado, a tensión, e os nervios, utilizalas para crear e expresar de forma práctica na rutina diaria. Esto nos axudará a vivir máis en paz e a emprender mellor cando sabemos que o que nos pasa é que somos mulleres, que como a Terra, temos as nosas estacións. Se no inverno a terra tenta dar flores, o desgaste enerxético será moito maior que se o fai na primavera, estación do ano en que todo vai ao seu favor, verdade?

Pois así é como traballamos onte, dende adentro.

Se onte non puideches asistir, en breve informaremos da seguinte data en agosto.

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.