Dende os seus comezos a finais do 2011, Sustinea tivo moi claro a importancia do traballo en rede e a creación de sinerxías, así coma a visibilización das mesmas.
Por iso traballamos en rede con outras asociacións, ONG's, Institucións... tanto a nivel local, como nacional e internacional para a realización de campañas, proxectos, informes e estudos de carácter ambiental e cultural. Ademais Sustinea forma parte do grupo xestor da Rede Europea de Educación Ambiental e a Rede European Iris.
Algunhas destas organizacións son:
GALEGAS
- Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia. Comprometidos coa producción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade.
- Hábitat Social, cooperativa galega integrada por un grupo heteroxéneo de profesionais, esencialmente dos eidos da arquitectura, o urbanismo e as ciencias sociais, coa intención de investigar e intervir na complexa realidade que habitamos.
- Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS), asociación leva anos adicada ao coñecemento da fauna e flora das terras e mares da Galiza. Unha grande parte das actividades da asociación está enfocada cara a xente moza, tentando acercar a todo o mundo o coñecemento da fauna que nos rodea.
- Sorex, Ecoloxía e Medio Ambiente SL empresa que oferta ao público a súa experiencia na xestión de fauna e recursos medio ambientais, empregando as últimas ferramentas para o desenvolvemento dos nosos proxectos.
- Saramaganta, asociación que surxe como resposta ás inquedanzas surxidas por un grupo de biólogos e naturalistas galegos, que traballan na observación e investigación dos anfibios, réptiles e aves de Galicia.
- Asociación Galega de Custodia do Territorio, ten como obxectivos, a conservación e recuperación do patrimonio natural utilizando como ferramenta principal a custodia do territorio e a difusión e o fomento da custodia do territorio entre os axentes implicados e a sociedade en xeral, facéndoos partícipes da xestión sustentábel do territorio.
- ADO Ourense, asociación sen ánimo de lucro, que nace froito da necesidade dun grupo de personas con Discapacidade Intelectual xunto coas súas familias, co obxectivo de facer respetar os seus dereitos e de formar parte activa da sociedade.
- Escola de Tempo Libre Fervenza, formada por un equipo de formadores con ampla experiencia no campo da educación e o Tempo Libre.
- Asociación para a Prevención da Exclusión Social A.P.E.S., é unha entidade sen ánimo de lucro, que enfoca o seu traballo na intervención cara a un campo moi definido, a prevención da delincuencia, desenvolvendo programas de orientación sociolaboral para colectivos en risco de exclusión social, de preparación para a vida en liberdade de persoas reclusas e exreclusas, programas de prevención de condutas de risco na escola e a familia e deseño de campañas de sensibilización social nesta materia.
- Centro de Menores Monteledo.
- Parque Tecnolóxico de Galicia ou Tecnópole.
- Festival Reperkusión
- Xuntanza de Micólogos “Os Cogordos”.
- Asociación Cultural Pepa Loba, entidade sen ánimo de lucro adicada a actividade de promoción e divulgación da cultura material e inmaterial galega.
- Asociación Cultural ''Os Serandeiros'', traballa pola conservación da cultura tradicional galega, sobre todo da música.
- Grupo de Consumo Responsable A Landra (O Carballiño).
- Federación Galega de Espeleoloxía.
- Grupo de espeleloxía e montañismo -Águilas Verdes de Rubiá (O Barco).
- AventuraXtrema, empresa adicada a actividades de aventura.
- Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Casar e Balboa (Leiro).
- Concello de Leiro
- Concello de Muíños
ESTATAIS
- Asociación para la Conservación y Estudio del lobo ibérico (ASCEL) creada en 1999, desenvolve diferentes actividades encamiñadas ao coñecemento e á conservación do lobo en España.
- TekieroVerde. Empresa dedicada á educación ambiental, a produción de documentais de temática ambiental, produción ecolóxica, divulgación científica e turismo sostible.
- GAIA Almería, é unha asociación creada para a profesionalización da Educación Ambiental no sur de España.
- Asociación Pastores por el Monte Mediterráneo. Asociación de apoio á gandaría sostible, viable e beneficiosa para o medioambiente e a silvicultura. O seu obxectivo é ser un punto de encontro e referencia para as distintas partes interesadas para estudar e defender o pastoreo e o seu importante papel na xestión do bosque mediterráneo.
- Ciencia e Tecnoloxía Ambiental (CITECAM), é unha empresa que orienta a súa actividade a ofertar solucións ambientais a proxectos, deseñándoos, executándoos e avaliándoos, dende o punto de vista do respeto cara o medioambiente.
- Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).
- Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.
EUROPEAS
- Educazione sostenibile, rede italiana de organizacións que traballan para o desenvolvemento sostible e educación ambiental.
- Asociación ECOntAct, é unha organización sen fins de lucro, non partidista e independente. Desenvolve proxectos que abordan como un punto de referencia con respecto á cultura, a identidade de cada pobo, a sensibilización, a educación, a investigación e a aplicación da maioría das técnicas apropiadas para unha mellor xestión dos recursos terrestres.
- Istituto per l'Ambiente e l'Educazione Scholé Futuro ONLUS. Organización que traballa en prol da conservación do patrimonio natural, do acceso igualitario e a distribución dos recursos naturais, con respecto á biodiversidade.
- Ecole-et-nature, é unha rede francesa composta na actualidade de 26 asociacións activas e abertas, que están vinculadas a centos de actores no medio e a educación de todas as fontes (asociacións, comunidades, institucións públicas, empresas, educadores, mestres/ás...).
- Rhône-Alpes da rede para a Educación Ambiental cara ao desenvolvemento sostible. (Francia). Con máis de 100 entidades vencelladas en rede.
- HESPUL, organización con máis de vinte anos de experiencia no sector solar fotovoltaico e especialízase no desenvolvemento das enerxías renovables e a eficiencia enerxética.
- La Ligue de l’enseignement, é unha Confederación de 30.000 asociacións locais, reunida en 102 federacións departamentais.
- Associação Portuguesa de Educação Ambiental (ASPEA). Asociación sen ánimo de lucro fundada en 1990, que ten como obxectivo principal o desenvolvemento da Educación Ambiental no ensino formal e non formal.
Somos un gran número de persoas e organizacións vencelladas á Educación Ambiental e ao Desenvolvemento Sostible, que abrangue toda acción de sensibilización, información, formación e educación, e cuxos obxectivos están dirixidos á conservación do medio, garantindo un desenvolvemento sostible, harmonioso e responsable nas sociedades.
Comentarios recentes