Educación Ambiental para nenas/os

Cada día é máis importante e decisivo desenvolver o respecto por parte das nenas e nenos cara o medioambiente, fomentando a conciencia ambiental mediante pequenas accións que poidan converterse en hábitos cos que crecerán, deste modo garantimos que as futuras xeracións sexan moito máis equitativas.

As nenas e nenos non só aprenden con palabras e repeticións se non tamén con accións, por iso é importante ensinalas/os a tomar parte activa do coidado do medioambiente mediante a práctica activa.
 
Por iso o noso proxecto educativo, desenvolve os seguintes programas e actividades:
 

  •     Programa de Educación Ambiental sobre o medio forestal galego: Crece coa túa árbore.
  •     Programa de Educación Ambiental sobre o medio litoral galego: A Costa e ti.
  •     Programa de Educación Ambiental, Agricultura Ecolóxica e Alimentación Ecolóxica saudable: Ecohortas Escolares.
  •     Programa de Educación Ambiental, Micoloxía e alternativa para a sostibilidade dos nosos montes: Xardíns Micolóxicos Escolares.
  •     Programa de Educación Ambiental, Biodiversidade, estudio e conservación: Refuxios para insectos.
  •     Programa de Educación Ambiental e Expresión Creativa: Reciclarte.
  •     Asesoramento, deseño e creación de hortas ecolóxicas escolares, xardíns micolóxicos e refuxios para insectos.
  •     Roteiros interpretativos e actividades de divulgación do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia.
  •     Obradoiros ambientais.

 
Para máis información sobre os programas, contáctanos e poñerémonos en contacto contigo.