Hoxe queremos festexar con vós o Día Mundial da Terra, compartindo este documental "Primero la Tierra", que nos mostra o estado actual das construcións con terra; nas distintas partes do mundo, falan as súas protagonistas, construtores/as, activistas, arquitectos/as e demais persoas involucradas en proxectos de construción natural utilizando simplemente terra.
A construción con terra, algo que era normal en tempos de antano, e que aínda segue vixente en moitas culturas do mundo. Hoxe este tipo de construción toma nova forza grazas ás súas grandes vantaxes, é barato, simple, permite aforrar fortunas en calefacción e aire acondicionado, grazas a que a terra actúa como masa termal, tamén permite a autoconstrución o que as fai económicas, utilízanse materiais naturais, non se contamina e é un recurso abundante.
Este sistema continua sendo hoxe en día como na antigüidade a mellor opción para construír, grazas ás novas técnicas desenvolvidas nos últimos anos é posible construír en calquera sitio do mundo, sexa chuvioso, neve ou no medio do deserto, ás persoas que lles interese, enlazamos unha Biblioteca da web de Ecocosas moi interesante e onde hai mais material co que poder aprender sobre a bioconstrucción.
Comentarios recentes