Chega a SUSTIMALETA para facer deste Nadal un NADAL RESPONSABLE

Chega a SUSTIMALETA para facer deste Nadal un NADAL RESPONSABLE.
 
Chega o Nadal e con el o consumo descontrolado de roupa e complementos. Estamos afeitas/os atopar facilmente unha gran variedade de roupa a moi baixo prezo. Pero non sabemos nada de como se confeccionou esa peza. A confección da roupa convencional pasa pola deslocalización, condicións de traballo miserables e contaminación ambiental.
 
Por iso para este Nadal queremos propoñerche unha alternativa, a SUSTIMALETA :)!
 

Esta maleta estará movéndose ata o 7 de xaneiro, por diferentes locais da cidade de Ourense, con roupa e complementos, para que collas o que precises e deixes o que non uses. NON PRETENDE UNHA RECOLLIDA DE ROUPA, senón un intercambio responsable da mesma.
 
Únete á moda sostible e comecemos o ano con novos propósitos de consumo responsable.
 
Para máis info: info@sustinea.org ou no 988 782 964
 
Charlotte OurenseO'RenqueEl Pueblo Café CulturalCervexaría O MouchoGrândola Tetería

Engadir un novo comentario

Deixa os teus comentarios
CAPTCHA
Esta cuestión é para probar se vostede é un visitante humano e para previr envío automático de spam. Por seguridade, o sistema é sensible ás maiúsculas e minúsculas.
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.