Cremos que é preciso atopar as ferramentas que nos axuden a comprender e interiorizar os hábitos que farán sostible a supervivencia no noso planeta. Por iso traballamos día a día, probando diferentes técnicas e métodos para poder así conseguilo.
A sensibilización e concienciación ambiental a través das actividades lúdicas adapatadas a todas as idades e capacidades, son maneiras eficaces e entretidas de chegar ao público destinatario. A través da imaxinación e a ilusión edúcase os máis pequenos para lograr que asimilen a necesidade do respecto ao medioambiente como algo cotián e habitual nas súas vidas.
Con esta finalidade, Sustinea, deseña actividades lúdico-ambientais coma:
- Campamentos ambientais para escolares e para a temporada estival.
- Obradoiros de coñecemento da fauna e flora galega.
- Obradoiros enfocados á celebración de efemérides: celebración do día do Medioambiente, o día da Biodiversidade, etc.
- Celebración de eventos sostibles.
- Programas de fins de semana de Natureza Activa (roteiros ambientais interpretativos, escalada, espeleoloxía, puenting, kaiak, geocaching, etc.) en Parques Naturais.
-
Roteiros ambientais e culturais.
Para máis información sobre os programas, contáctanos e poñerémonos en contacto contigo.
Comentarios recentes